IniciosociedadeFoz instalará desde o luns pasos de peóns e bolardos en Álvaro...

Foz instalará desde o luns pasos de peóns e bolardos en Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña

Cajoto pide "precaución" aos veciños para "compatibilizar" o tránsito e as obras

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro luns, 4 de novembro, empezarán as obras para a mellorar o balizamento e a sinalización horizontal e vertical das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña, na vila de Foz

O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, pide á veciñanza que desculpe as molestias que se van causar. Ademais solicita que “teñan precaución durante as súas circulacións por esas rúas para poder compatibilizar da mellor maneira o tránsito normal coas obras”.

Os traballos, que foron adxudicados polo Concello de Foz á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia S. A., consisten na disposición de pasos de peóns, reforzo da sinalización horizontal e vertical e colocación de bolardos como elementos de defensa para reducir o risco de atropelos.

NA AVENIDA DA MARIÑA, VARIOS ACCIDENTES

Ao longo dos últimos meses producíronse varios accidentes na Avenida da Mariña, como un atropelo a finais de agosto ou un accidente con tres coches implicados saldado unicamente con danos materiais.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...