A Mariña estará en alerta laranxa este domingo por temporal costeiro e ventos

Agárdanse refachos de 100 qm/h e mar combinado do noroeste con ondas de cinco a sete metros

Un home ve como o vento dobra o seu paraugas. EFE

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia activa para este domingo unha nova alerta laranxa por temporal costeiro e por vento en terra que afectará ás provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteorología (AEMET), desde esta medianoite ata as primeiras do domingo, espéranse ventos do sur con cambios bruscos ao oeste e ao noroeste, que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora e que afectarán ao noroeste da provincia da Coruña e á Mariña Lucense.

AEMET tamén alerta dun episodio adverso costero de ‘nivel laranxa’ no suroeste da provincia da Coruña que comezará mañá ao redor das 09.00 horas e que se prolongará ata as 15.00 horas, no que se espera mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros segundo a zona.

Ademais, o litoral da provincia de Lugo e o noroeste e o oeste da costa da Coruña continuarán, do mesmo xeito que este sábado, toda a xornada en alerta laranxa por ventos do sur de forza 8 e 9 e mar combinado do noroeste con ondas entre 5 e 7 metros.

RECOMENDACIÓNS

Debido ao temporal costeiro, recoméndase permanecer lonxe da liña de costa, así como evitar aproximarse a diques, rompientes, paseos marítimos, espigones, portos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Igualmente, recoméndase extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here