InicioCulturaA escritora e activista do feminismo Laura Freixas presentará a súa autobiografía...

A escritora e activista do feminismo Laura Freixas presentará a súa autobiografía en Ribadeo

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade organiza a actividade, o 7 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

A escritora, ensaísta e crítica literaria Laura Freixas ofrecerá o vindeiro xoves, 7 de outubro, unha conferencia (20.00 horas, hotel O Cabazo) en Ribadeo. Organiza a actividade o Observatorio da Mariña Pola Igualdade.

Freixas é fundadora, no 1987, da colección literaria ‘El espejo de tinta‘. Destaca como escritora de novelas e ensaios, así como crítica literaria e articulista en
diversos medios.

Na súa faceta como investigadora e promotora da literatura escrita por mulleres, no ano 2009 funda Clásicas e Modernas, asociación dedicada ao apoio das políticas de xénero na cultura e desde o ano 2014 coordina o ciclo de conferencias ‘Ni ellas musas ni ellos genios‘. Tamén escribe en La Vanguardia.

Acaba de presentar o seu libro ‘A mi no me iba a pasar‘, unha autobiografía con perspectiva de xénero na que repasa unha época da súa vida cun matrimonio que remata por non ser o que imaxinara e onde debe afrontar numerosas dificultades no mundo laboral, tanto como editora como escritora.

REFLEXIÓN SOBRE O PATRIARCADO

O Observatorio convida a todas as persoas interesadas a acudir a esta charla, “que nos
ofrece unha oportunidade magnífica para reflexionar sobre o patriarcado e capitalismo, a aparencia de igualdade entre as parellas e as propias contradicións persoais”, expón o colectivo.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...