Burela tenta recuperar a normalidade tralo falecemento por parada cardiorrespiratoria dun neno de 13 anos cando iniciaba a xornada no IES Monte Castelo.
O alcalde de Burela en funcións, Alfredo Llano, cualificou o suceso de “traxedia e barbaridade”, para insistir en que tanto os docentes como o persoal sanitario actuaron “rapidísimo” para tentar salvar a vida do estudante, mesmo utilizando un desfibrilador, sen que finalmente fose posible.
Desde o Concello de Burela puxéronse a disposición da familia e dos achegados para o que necesiten e están a esperar a que se normalice un pouco a situación para acompañalos, tanto de maneira íntima como institucional, no tanatorio e no enterro, que se prevé para este mércores.
Desde o Concello de Burela ofreceron apoio á familia do falecido e ao centro, onde este martes psicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes do 112 Galicia orientaron ao profesorado sobre como actuar neste tipo de situacións.
Máis información no Galicia Confidencial.