Burela tenta recuperarse da morte do escolar de 13 anos

O Concello ofreceu apoio á familia e ao IES Monte Castelo, onde psicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes asesoraron ao profesorado

Vista de Burela desde o Monte Castelo. AXM

Burela tenta recuperar a normalidade tralo falecemento por parada cardiorrespiratoria dun neno de 13 anos cando iniciaba a xornada no IES Monte Castelo.

O alcalde de Burela en funcións, Alfredo Llano, cualificou o suceso de “traxedia e barbaridade”, para insistir en que tanto os docentes como o persoal sanitario actuaron “rapidísimo” para tentar salvar a vida do estudante, mesmo utilizando un desfibrilador, sen que finalmente fose posible.

Desde o Concello de Burela puxéronse a disposición da familia e dos achegados para o que necesiten e están a esperar a que se normalice un pouco a situación para acompañalos, tanto de maneira íntima como institucional, no tanatorio e no enterro, que se prevé para este mércores.

Desde o Concello de Burela ofreceron apoio á familia do falecido e ao centro, onde este martes psicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes do 112 Galicia orientaron ao profesorado sobre como actuar neste tipo de situacións.

Máis información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here