IniciosociedadeEstablecidos en 15 e dez exemplares os cupos anuais de salmón no...

Establecidos en 15 e dez exemplares os cupos anuais de salmón no Masma e en Salmeán

O límite continúa nunha peza por pescador e día, e a tempada será do 1 de maio ao 31 de xullo; a campaña da troita arrincará o 15 de marzo agás nas masas de auga salmoneiras

Publicada o

- Advertisement -

As cotas de capturas para a tempada do ano 2020 de pesca fluvial serán similares ás deste ano, segundo o acordado este martes na reunión anual ordinaria do Comité Galego de Pesca Fluvial.

Nesta reunión aprobáronse as condicións para a práctica desta actividade durante a tempada do ano 2020, e analizáronse as propostas a ter en conta na normativa que regulará os períodos hábiles de pesca para a próxima tempada e tamén se abordou o establecemento das respectivas determinacións para cada especie, informou a Xunta nun comunicado.

En canto ao salmón, o período xeral abarcará do 1 de maio ao 31 de xullo, mantendo uns períodos específicos nos cotos compartidos con Asturias, así como no río Ulla, no que para a próxima tempada pecharase ao alcanzar a cota establecida ou o 30 de xuño.

As cotas de captura serán similares ás da pasada tempada nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense. Concretamente, no río Mandeo (A Coruña) establécense cinco exemplares; nos ríos Masma e Salmeán (Lugo), este último situado no paso do Eo pola Pontenova, a cota é de 15 e 10 exemplares, respectivamente; e no río Miño (en Ourense) fíxase en oito exemplares.

Pola súa banda, no río Ulla a cota será de 40 exemplares. O límite segue sendo dun salmón por pescador e día, e tamén se mantén a autorización dos cebos permitidos.

REO

Polo que respecta ao reo, mantense o período do 1 de maio ao 31 de xullo, prolongándose ata o 30 de setembro nalgúns cotos.

TROITA

En relación á troita, a tempada abrirase o 15 de marzo prolongándose ata o 31 de xullo, coas excepcións das masas de auga salmoneiras e as masas de auga de montaña, nas que a tempada comezará o 1 de maio.

Por outra banda, nos cotos de pesca intensiva e nos tramos de pesca sen morte, a tempada prolóngase ata o 30 de setembro; nos cotos con convenio a tempada prolóngase ata esta mesma data na modalidade de pesca sen morte.

Reunión do Comité Galego de Pesca Fluvial. AXM

CORVO MARIÑO

Outro dos puntos da orde do día da reunión do Comité Galego de Pesca foron os resultados do estudo encargado pola Consellería a investigadores da Universidade de Santiago de Compostela sobre a evolución temporal da poboación invernante de corvo mariño en Galicia, a análise da dieta desta especie nos principais ríos galegos e do seguimiento e interacción coa pesca recreativa, de cara á elaboración en 2020 dun plan de xestión específico.

LEI DE PESCA CONTINENTAL

Para rematar, abordouse o anteproxecto de Lei de Pesca Continental de Galicia, que se está ultimando na actualidade.

A nova lei, afirma a Xunta, permitirá avanzar en tres aspectos principais: garantir a substitución xeracional, potenciar de forma progresiva a instauración da modalidade de pesca sen morte, facéndoa compatible co modelo extractivo actual, e converter a pesca nun instrumento dinamizador do rural.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...