IniciosociedadeA Faba de Lourenzá locirá en Cantabria na Feria de la Alubia...

A Faba de Lourenzá locirá en Cantabria na Feria de la Alubia y la Hortaliza

O Concello contará cun stand entre uns 200 postos de venta e acodirán arredor dun cento de veciños

Publicada o

- Advertisement -

Preto dun centenar de veciños acompañarán o próximo domingo, 17 de novembro, á alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López, a participar como concello convidado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza en Casar de Periedo, localidade do concello de Cabezón de la Sal (Cantabria). A viaxe inclúe degustación do cocido montañés.

Ademais de Lourenzá, nese evento participarán como concellos invitados os de La Bañeza (León), Saldaña (Palencia) e Arnuero (Cantabria).

No encontro está prevista a instalación de máis de 200 postos de venda de produtos hortícolas e de artesanía. O Concello laurentino estará presente cun stand onde se ofrecerá, entre outros produtos, a Faba de Lourenzá, “sendo este un perfecto escaparate para dar a coñecer en máis lugares da nosa xeografía a nosa afamada leguminosa”, remarca o edil de cultura, Manuel Arango.

RECREACIÓN DOS ANOS 40

O concelleiro explica que “nesta feira, declarada de Interese Turístico rexional, os veciños da localidade son os verdadeiros protagonistas trasladándonos por un día á vida dos anos 40 do século pasado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...