IniciosociedadeO PP de Burela ve "trato de favor" en "tardar ano e...

O PP de Burela ve “trato de favor” en “tardar ano e medio” en negar o Concello unha licencia de terraza

Considera que o negocio puido "traballar ao seu antollo"; Llano nega dilatar prazos e afirma que o goberno local actuou "sempre dentro da lei"

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Burela denuncia un presunto “trato de favor” por parte do o goberno socialista de Alfredo Llano ao dono dun establecemento hostaleiro situado no centro urbano á hora de resolver unha petición de licenza de instalación de terraza e de ocupación de dominio público, “xa que tardou ano e medio en resolvela, cando ao mes de formularse a petición de licencia xa había informes negativos”, remarcan os conservadores.

Os populares aseguran que, á vista da acta da Xunta de Goberno Local do día 28 do pasado agosto, a petición foi formulada polo empresario o 5 de marzo do 2018, sendo requerido o día 9 o escrito para complementar a documentación, “o que o interesado fixo o 4 de abril de 2018”.

“INFORMES DESFAVORABLES”

Paralelamente”, expón o PP burelao, “o 27 de marzo e 1 de abril de 2018 a Policía Local emitiu diversos informes desfavorables á ocupación solicitada e á instalación da terraza nos termos marcados polo interesado. De xeito “totalmente anómalo”, o 12 de abril de 2018 “foille formulado ao interesado un segundo requirimento de documentación, que é presentada no Concello o 18 daquel mes”, indica o PP.

E máis anómalo aínda”, proseguen os conservadores, “a entidade local require por terceira vez documentación, o 26 xuño do 2018, sendo entregada polo interesado nas dependencias municipais seis meses despois, o 28 de decembro. Isto evidencia a que o propietario puido traballar ao seu antollo, chegando a cambiarse de localización o mobiliario urbano para favorecer o funcionamento da terraza”, apuntan.

Posteriormente, tanto en abril como en xullo do ano 2019, constan diversos informes desfavorables da arquitecta técnica interina municipal á petición de licenza e autorización de ocupación solicitada, ao non cumprir co previsto na Orde VIV/561/2010, do 1 de febreiro, relativa ás condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados”, indican os populares.

Do mesmo xeito, o 12 de xuño deste ano a secretaría do Concello emite informe negativo á autorización de licenza baseándose na mesma Orde, así como, na Ordenanza Municipal de Accesibilidade”, indican os conservadores.

Os edís populares argumentan que “entendemos que o expediente puido resolverse na Xunta de Goberno do 19 de xuño, pero esta non foi incluída na orde do día favorecendo durante todo este tempo ao propietario deste local de hostalería”.

“DISCRIMINACIÓN”

Desde o PP aseveran que, “a xeito comparativo”, o expediente 276/2018 para instalación de terraza e ocupación de dominio público na zona de Vista Alegre iniciouse o 2 de febreiro de 2018 e resolveuse na Xunta de Goberno Local o 6 de xuño de 2018, “é dicir, nun prazo de catro meses”.

Por todo elo, os edís populares aprecian “un posible trato de favor por parte do alcalde socialista en funcións nesta cuestión que discrimina ao resto de hostaleiros da vila”.

LLANO ASEGURA QUE OS TÉCNICOS AVALAN A ACTUACIÓN DO CONCELLO

Llano, pola súa banda, preferiu non entrar a valorar unha acusación que trata “sobre unha cuestión que non é política senón técnica”. O rexedor en funcións sostén que o Concello actou sempre “dentro da lei” e que “non houbo tratos de favor para ninguén nin se dilatou prazo ningún”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...