IniciosociedadeViveiro promociónase como referente de turismo activo cun stand en Expourense

Viveiro promociónase como referente de turismo activo cun stand en Expourense

A concelleira Mari Sol Rey pechou reunións con 16 touroperadores a fin de "desestacionalizar" o turismo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro promociona esta semana o seu potencial turístico e deportivo en Ourense, onde se celebran o Congreso Ibérico de Turismo Deportivo e a terceira edición do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia.

O concello conta cun stand propio en Expourense, “no que informamos dos atractivos de Viveiro para practicar deportes de natureza, sen esquencer por suposto o noso patrimonio paisaxístico, histórico ou a gastronomía”, afirma Marisol Rey, concelleira de Turismo.

“Nestes días temos pechadas reunións de traballo cos 16 touroperadores internacionais presentes en Ourense, queremos desestacionalizar a nosa oferta turística e o deporte é unha das mellores formas de facelo”, explica Rey.

Ademais de promocionar o concello, no stand de Viveiro hai tamén información da firma de actividades deportivas e de ocio Roq Sport. “Invitamos a todas as empresas do sector a estar aquí”, engade a concelleira.

CEN PARTICIPANTES

“Promocionamos un Viveiro saudable, cunha contorna natural única para practicar deportes ou albergar espectáculos como o deste fin de semana, o Rally da Mariña”, afirma Marisol Rey, que mostra a súa satisfacción “polo interese de touroperadores e particulares polo noso concello”.

Sportur Galicia cunta cun centenar de participantes e un programa formado por máis de sesenta actividades, entre elas exhibicións, entrenamentos, campionatos e obradoiros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...