IniciosociedadeO policía de San Cibrao ferido nas protestas de Barcelona recibe a...

O policía de San Cibrao ferido nas protestas de Barcelona recibe a Medalla ao Mérito Profesional

Ángel Hernández e mailo axente de Vigo, que padeceu un traumatismo cranoencefálico, recibirán a distinción no segundo Congreso de Criminalística da Estrada

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse este venres cos organizadores do II Congreso Internacional de Criminalística e cun dos dous policías nacionais galegos feridos nas protestas de Barcelona do pasado mes de outubro, Ángel Hernández, natural de San Cibrao.

Os dous axentes recibirán a Medalla ao Mérito Profesional e Académico durante este congreso que comeza este venres na Estrada (Pontevedra), informa a Xunta nun comunicado.

Na reunión desta mañá participaron o director e o secretario xeral do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (INICA), Luís Alamancos e Antonio Busto, respectivamente; o director xeral de Urxencias e Interior da Xunta, Santiago Villanueva e o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico.

O II Congreso Internacional de Criminalística Aplicade está dirixido aos profesionais das forzas e corpos de seguridade e doutros servizos de urxencias e nel, expertos de renombre en distintos ámbitos, abordarán as distintas vertentes da investigación criminal, continúa a nota.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...