A Deputación arranxará con case 600.000 euros estradas en Xove e A Pontenova

O goberno provincial adxudicou o acondicionamento da vía que une a capital xovense e o portiño de Morás e actuacións na LU-P-4802, LU-P-4806 e LU-P-4809

LU-P-2601. GOOGLE MAPS

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación dun conxunto de obras enmarcadas no Plan Especial de Rehabilitación de Firmes (PERF) cun investimento de case 800.000 euros para os concellos de Xove, A Fonsagrada e A Pontenova.

A voceira socialista do executivo provincial, Pilar García Portoexplicou que no caso de Xove se vai acondicionar a estrada LU-P-2601, “que conecta o núcleo da localidade co Portiño de Morás, son case tres quilómetros de melloras, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85”.

Para estas obras a Deputación investirá 271.645 euros e as actuacións consisten na ampliación do ancho da plataforma, que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Tamén se vai drenar e afirmar as zonas ensanchadas e posteriormente pavimentarase a calzada con aglomerado en quente.

En canto ás actuacións no do concello da Pontenova “adxudicáronse un conxunto de actuacións por algo máis de 310.000 euros e serán unhas melloras que consistirán na pavimentación con aglomerado en quente e nova sinalización horizontal”, afirmou García Porto.

Trátase da estrada LU-P-4802 que conecta Santalla-Navallo con Ponte Soutelo, entre os quilómetros 8 e 11; tamén se vai actuar na LU-P-4806, a vía que vai dende Vilaxe ata Ribeira de Piquín nun treito de máis de dous quilómetros; e na LU-P-4809, estrada que conecta a parroquia de Conforto con Souto de Mogos, nun treito de máis dun quilómetro.

A FONSAGRADA

Pola súa banda, no concello da Fonsagrada o investimento nas obras é de 198.199 € para acondicionar a estrada LU-P-1911, unha vía que une Mesón Novo con O Ventorrillo e Chao de Vaga. “As actuacións faranse entre os puntos quilométricos 7,5 e 9,5. E logo, tamén entre o punto quilométrico 11,5 e 14,3”, mencionou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here