O Concello da Pontenova disporá un campamento de verán gratuíto no mes de agosto. Poderán participar na actividade, que comezará o día 6 e rematará o 18, nenos e nenas de entre tres e 14 anos.
O campamento desenvolverase en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas. Ofrecerá excursións, viaxes á praia, clases na piscina, ruta de sendeirismo, clases de cociña, reciclaxe, rutas polo pobo e festa con inchables. Os interesados en anotarse deben inscribirse no teléfono do Concello, o 982.34.22.77.

A concelleira de benestar social, Isabel Couto, sinala que a actividade “contribúe a conciliar a vida laboral das familias da Pontenova” e ofrece “alternativas de lecer durante as vacacións de verán, ademais de promover valores”. A presentación destas actividades será o 3 de agosto, ás 11:00 horas, na casa da cultura.