Actividades lúdicas e espetadas mouras, novidades da romería de Sargadelos

O día 24 haberá paint ball e exaltación gastronómica e o 25 volverán os xantares campestres

Presentación da romería de Sargadelos, coa edil de cultura, Dolores García. AXM

Unha xornada solidaria con actividades lúdicas e deportivas é unha festa gastronómica da espetada moura son as novidades desta edición da romería de Sargadelos, en Cervo, que honrará un ano máis a Santiago Apóstolo

A festa, que organiza a asociación Anxuela, comeza este martes, ás 16.00 horas, coa primeira edición da Espetada Moura. A xornada festiva inclúe competicións de paint ball -hai anotados xa 80 participantes, distribuídos en 16 equipos e tiro con arco e rocódromo. A participación é de balde, aínda que a organización convida a traer alimentos non perecedoiros, que serán donados a unha ONG.

Ás 20.00 horas comezará o reparto de espetadas mouras, con música de DJ, e desde as 23.00 haberá verbena con Tribal e Kalima 3.0.

XANTARES CAMPESTRES

O 25, o día de Galicia, haberá misa desde as 12.00 horas e a continuación sesión vermú co dúo Eclipse. Non faltarán os habituais xantares ao aire libre na contorna das antigas fábricas de Sargadelos. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here