IniciosociedadeO PSOE esixe á Xunta que conclúa as obras no Ceip de...

O PSOE esixe á Xunta que conclúa as obras no Ceip de Cervo “antes de que acabe o ano”

Os socialistas lembran que as actuacións seguen malia comezar no verán para non interferir na actividade escolar e que non se ofreceu ás familias un prazo de conclusión dos traballos

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia coas que reclama á Xuntasolucionar as deficiencias do CEIP de Cervo antes de que remate o ano“. Ademais, os socialistas demandan explicacións ao Goberno autonómico de Alberto Núñez Feijóo sobre “se considera que nas circunstancias actuais se poden desenvolver con normalidade as actividades lectivas no centro”. 

A secretaria provincial dos socialistas lucenses e deputada autonómica, Patricia Oterorelata na proposición rexistrada que “as obras de rehabilitación do CEIP de Cervo que comezaron a mediados de xullo deste ano a día de hoxe non están rematadas, a pesar de que a propia Xunta de Galicia se comprometeu a que aproveitaría as vacacións escolares para facelas e así non interferir no inicio e desenvolvemento do curso escolar”.

Nesa liña denuncia “unha auténtica falla de planificación por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional impediu que as obras de rehabilitación do centro se rematasen a tempo e provocou que as familias de Cervo decidisen non enviar, durante varios días, os seus fillos ás aulas, por entender que o centro non se atopaba nas condicións idóneas para iniciar o curso, xa que as actuacións non estaban rematadas e existían estadas e operarios traballando nelas”.

Advirte Otero de que “a día de hoxe estas obras seguen sen estar rematadas e os pais e nais do alumnado do CEIP de Cervo non coñecen tampouco a data na que finalizarán estas obras de rehabilitación”.

Filtración de auga no Ceip de Cervo. AXM

SEN CALDEIRA NOVA E CON FILTRACIÓNS POLAS FIESTRAS

Ademais, a deputada socialista lembrou que a Asociación de Nais e Pais (Anpa) do CEIP de Cervo denunciou varios problemas que se dan no centro. “Algunhas das ventás, recentemente instaladas pero non rematadas, filtran a auga cando chove; hai goteiras en vestiarios e aseos; existen filtracións nas paredes; despois de realizar un importante investimento a prol do aforro enerxético, a a nova caldeira de pellets, que substitúe a antiga de gasóleo, non funciona, polo que houbo que recuperar a vella caldeira de gasóleo, un parche que evidencia unha nefasta planificación“. 

Otero quere saber se a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional “coñece o estado no que se atopan as instalacións do CEIP de Cervo” e se considera o Executivo galego que “nestas circunstancias se poden desenvolver con normalidade as actividades lectivas no centro”. Finalmente, se ten previsto desenvolver as actuacións necesarias para solucionar as deficiencias que presenta o CEIP de Cervo e, “nese caso, en que prazo”, explicou.

Semanas atrás, En Marea tamén anunciou unha pregunta no Parlamento galego por este mesmo motivo.

DRAGAXE DO EMBALSE DE RÚA

Por outra banda, a secretaria provincial dos socialistas lucenses remarcou ademais que o Grupo Socialista tamén presentou emendas aos orzamentos da Xunta. Entre elas, a inclusión dun presuposto de “500.000 euros para a dragaxe do encoro de Rúa, que non contou co apoio do PP. Unha vez máis, o non e a resposta que reciben os cervenses do Partido Popular de Feijoo”, resumiu.

PORTO CHICO

O grupo parlamentario socialista tamén emendou aos orzamentos da Xunta para realizar a dragaxe do porto e a mellora e protección do Porto Chico en Foz cun investimento de 820.000 euros, proposta rexeitada polo PP.

Otero explicou que rexistrará unha pregunta no Parlamento para coñecer cal é o nome da partida orzamentaria á que se refire a Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, na que anuncia que nos orzamentos da Xunta para o ano 2020 haberá un compromiso para contratar a asistencia técnica para iniciar os estudos para o dragado de Porto Chico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...