IniciosociedadeDenuncian que os apeadoiros de Nois e Cangas carecen de refuxio a...

Denuncian que os apeadoiros de Nois e Cangas carecen de refuxio a finais de novembro

A plataforma polo tren critica que Renfe non habilitase acubillos temporais despois de que se demolesen as marquesiñas durante o transcurso das obras de mellora

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma pola Defensa do Ferrocaril Ferrol-Ribadeo emitiu este xoves un comunicado no que denuncia o “abandono” do mantemento de varios apeadoiros da liña, entre eles os de Nois e Cangas, sen refuxio a finais de novembro.

O colectivo asegura que estes dous apeadoiros do municipio de Foz, nos que se están a executar obras de reforma, levan “meses sen refuxio tras ser demolidos os anteriormente existentes” sen que se habilitase un novo. “Chama a atención como se realiza unha actuación deste tipo sin pensar en instalar un acubillo temporal“, critica a agrupación.

“Resúltanos curioso como fai escasamente un mes e medio os altos cargos de Renfe si tiveron a ben visitar e fotografarse nas obras de Foz, pero son totalmente pasivos coa realización do mantemento máis básico dos apeadeiros. Seguramente que nin eles, nin os seus familiares usan o noso tren”, do que a operadora é, aseguran, “o primeiro inimigo”.

EN MOECHE E LAMAS, SEN LUZ

Por outro lado, xa en Ferrolterra, a plataforma asegura que “alomenos dous apeadoiros (Moeche e Lamas) non teñen alumeado dende antes dos temporais de fai dúas semanas, e tralas pertinentes chamadas aos teléfonos de atención para dar aviso, continúan sen luz a día de hoxe. Esta situación vese empeorada polo tempo no cal estamos, posto que nos horarios dos servizos máis usados, é noite“, expón o colectivo.

“Temos a testemuña de nais e pais de Moeche que teñen que usar o alumeado dos vehículos para que os estudantes poidan acceder ao apeadeiro, que neste caso sitúase relativamente afastado das vivendas”, lamentan desde a plataforma.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...