IniciosociedadeA Aplu desestima o recurso de reposición dos donos dos chalés da...

A Aplu desestima o recurso de reposición dos donos dos chalés da Areoura

Os nove edificios, construídos desde hai 40 anos en primeira liña de costa, deberán ser demolidos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anunciou este sábado a resolución da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), que desestimou definitivamente o recurso de reposición interposto no mes de febreiro de 2017 polos propietarios dos nove chalés da Areoura, ordenando que se proceda á demolición á costa dos titulares, como indicara en decembro de 2016.

A APLU resolve negativamente o recurso potestativo de reposición, unha decisión da que se congratula o alcalde, o socialista Fran Cajoto“Nunha das praias máis emblemáticas do concello de Foz, no areal máis concorrido de Cangas, levamos máis de 40 anos sufrindo o feísmo dunhas estruturas en ruína polo paso do tempo e que constitúen un auténtico perigo para calquera persoa que se achegue a esa zona da costa. É unha mágoa que os veciños levemos tanto tempo agardando, pero empezamos a ver a luz ao final do túnel”, asegura.

Cabe aínda posibilidade de recurso perante o xulgado –indican desde o Concello de Foz- pero a resolución definitiva por parte dos técnicos “e as conversas establecidas desde a alcaldía fannos ser optimistas e agardamos que os prazos non se dilaten máis no tempo”, sostén Cajoto.

UNHA ÁREA RECREATIVA CON PÁRKING, OBXECTIVO DO CONCELLO

Cajoto engade que “é unha zona especial, que debe ser para desfrute de todos, como indica a Lei de Costas. Ao respecto quero destacar que a intención do equipo de goberno é dispoñer na zona que actualmente ocupan os chalés e a súa urbanización unha área recreativa cun amplo aparcadoiro, para poñer en valor a Areoura e o seu entorno como un referente na parroquia de Cangas e para todo Foz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...