IniciosociedadeXunqueira manifestarase o 7 de decembro por unha limpeza a fondo do...

Xunqueira manifestarase o 7 de decembro por unha limpeza a fondo do Fontecova

A veciñanza recollerá sinaturas para que se eliminen obstáculos do río, a fin de evitar unha riada coma a que asulagou o barrio a finais do 2018

Publicada o

- Advertisement -

A veciñanza de Xunqueira manifestarase o 7 de decembro, sábado, a partir das 12.00 horas para reclamar unha limpeza a fondo do río Fontecova, a fin de evitar que se repita unha riada como a que, o 18 de novembro de 2018, custou a vida a unha veciña, Amparo Berdeal, e anegou ducias de casas no barrio.

A marcha partirá desde o barrio para dirixirse á zona do Cristo, no Camiño Real, a carretera xeral, e de regreso ata finalizar ante a vivenda da veciña falecida. Ademais, o colectivo recollerá sinaturas para enviar a Augas de Galicia, a fin de que execute unha limpeza en profundidade río arriba.

Despois de que o ente hidráulico da Xunta de Galicia executase tarefas de limpeza con maquinaria na zona, a asociación de veciños do barrio insiste en que é preciso limpar máis a fondo o treito alto do río, cunha caída de 18 metros de longo por 4,60 de alto. A veciñanza denuncia a presenza de eucaliptos, maleza e até redes interferindo no cauce, e sosteñen que eses obstáculos poden xerar unha presa natural que faga rebordar o Fontecova.

Mentres que o Goberno galego afirmou que foron “chuvias que se producen cada 500 anos” as que causaron a riada, os residentes están convencidos de que foi a acumulación de madeira a que fixo rebordar o Fontecova.

OBRAS NO BARRIO

No tocante ao proxecto para reurbanizar o barrio e evitar inundacións, comprometido por Augas de Galicia, que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade presentará “nas vindeiras semanas”, a asociación veciñal remarca que “non se trata de facer proxectos, senón de executalos, dotándoos de orzamento“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...