IniciosociedadeA Xunta licita en 725.000 euros a mellora da eficiencia enerxética do...

A Xunta licita en 725.000 euros a mellora da eficiencia enerxética do Ceip Caselles Rollán

O Goberno autonómico espera adxudicar as obras, que permitirán aforrar "un 22,5 en enerxía primaria e un 24% en emisións de CO2", antes de xuño do 2020

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou este luns a publicación, na plataforma Contratos de Galicia, da licitación da rehabilitación enerxética do Ceip Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, de Xove, por un importe de 725.113,07 euros.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional explica que os traballos estarán centrados na “mellora da eficiencia enerxética do centro. Para iso instalarase illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS, así como illamento de cuberta sobre forxado horizontal ou en falso teito con lá de roca”, indica o Goberno autonómico.

“Ademais renovaranse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e colocaranse tamén novas persianas (coas súas caixas e mecanismos de accionamiento) por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico”, expón a Xunta. Tamén se instalarán “luminarias de alta eficiencia enerxética; todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 22,52% en consumo de enerxía primaria e do 23,80 % en emisións de CO2“, remarca.

Por outra banda, instalaranse falsos teitos rexistrables constituídos por paneis acústicos autoportantes de lá de roca. Tamén se acometerá a reparación e pintado dos paramentos interiores, así como diversos traballos de decoración e acabado e reparacións varias en cubertas e instalacións.

PRAZO DE EXECUCIÓN DE DOUS MESES E MEDIO

Segundo as previsións que manexa a Consellería, o proceso de licitación e adxudicación de obras estará rematado “antes do vindeiro xuño de 2020. Os traballos teñen un prazo de execución de dous meses e medio“, conclúen. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...