InicioSucesosO goberno de Cervo recibe ao policía do municipio ferido nas protestas...

O goberno de Cervo recibe ao policía do municipio ferido nas protestas de Barcelona

O axente recupérase estes días dunha lesión nun brazo no domicilio familiar, en Río Covo

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron este mediodía no Concello a Ángel Manuel Hernández, o policía natural do municipio que resultou ferido nos disturbios de Barcelona, o pasado 18 de outubro; e que agora se recupera na casa familiar en Río Covo.

No encontro, no que estivo acompañado polo seu pai, Ángel, recordaron o seu pasado como traballador deste Concello -no GRUMIR e como socorrista-; e como mostra de cariño, entregáronlle un prato de cerámica de Sargadelos.

Villares afirmou que “alegrounos ver que Ángel Manuel estase recuperando pouco a pouco desas feridas que sufriu no brazo e da posterior intervención cirúrxica pola que tivo que pasar, e que mellor sitio para facelo que rodeado dos seus, na casa”.

O rexedor quixo amosarlle o seu agradecemento “a el e a todas as forzas e corpos de seguridade pola solidaridade amosada e por velar sempre pola convivencia pacífica entre todos os cidadáns”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...