IniciosociedadeUnha app facilita aos turistas a visita a Castropol

Unha app facilita aos turistas a visita a Castropol

A ferramenta dixital recolle información relativa aos servizos e a axenda de actividades do concello

Publicada o

- Advertisement -

Unha aplicación para dispositivos móbiles facilita o acceso á información relativa aos servizos e a axenda municipais de Castropol. A ferramenta dixital ten aos turistas como principais destinatarios xa que recolle todas as actividades culturais, sociais e deportivas que se celebran no concello, ademais de planos, horarios de autobuses e un directorio de servizos e lugares de interese.

“PLANIFICAR VIAXES”

“Pensamos que pode ser unha ferramenta moi útil para que as persoas que nos visitan poidan programar e planificar a súa viaxe” comenta o alcalde, José Ángel Pérez, satisfeito pola boa acollida que tivo a aplicación nas primeiras semanas a disposición dos usuarios.

Ademais, a aplicación permite acceder a contidos relacionados con avisos e anuncios municipais, mantendo aos veciños ao tanto das últimas noticias que xenere o concello.

Os tres alcaldes xunto a consejera de Hacienda e Sector Público, Dolores Carcedo. FACEBOOK CONCELLO CASTROPOL

INAUGURACIÓN DA CASA CONSISTORIAL

Este sábado, o concello inaugurou oficialmente as instalacións da renovada casa consistorial sometida a unha profunda reforma tanto no exterior –reforma da cuberta e dos revestimentos- como no interior –cunha nova distribución para habilitar dependencias “máis funcionais e modernas-.

O acto aproveitouse para render homenaxe aos diferentes gobernos locais da democracia coa presenza de Domingo Martínez (PSOE), Juan Calvo Sotelo Ibáñez (PP), ademais do actual rexedor, José Ángel Pérez (PSOE). Acompañáronos case un centenar de persoas que participaron nos seus equipos de goberno durante as últimas catro décadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...