IniciosociedadePiden anular o cobro da plusvalía en Mondoñedo, que recadou "64.000 euros...

Piden anular o cobro da plusvalía en Mondoñedo, que recadou “64.000 euros máis do previsto”

O BNG ve "irregularidades" na xestión do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza, que o executivo municipal encomendou ao Rexistro de Propiedade

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo solicitará no pleno municipal que se celebrará o vindeiro venres, ás 20.30 horas, a suspensión das actuacións relativas á xestión, liquidación e recadación do imposto de plusvalía municipal, “que o goberno de Elena Candia (PP) encomendou ao Rexistro da Propiedade“, e pedirá “que queden sen efecto as realizadas desde a sinatura do convenio, en xaneiro do 2019“.

Segundo indica o voceiro nacionalista na corporación, Eloi Cabanas, a Xunta de Goberno local do concello de Mondoñedo aprobou un convenio de colaboración co rexistro da propiedade para a xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza.

Cabanas entende que a competencia da sinatura do citado convenio é do Pleno e non dun acordo da Xunta de Goberno Local. “A aceptación dunha encomenda de xestión, encuberta esta baixo a denominación formal de Convenio de Colaboración, esixe a maioría absoluta dos membros da corporación”.

O edil do BNG mindoniense tamén interpreta que as actuacións que encomenda o concello ao rexistrador no citado convenio superan en moito as actuacións susceptibles de ser encomendadas e carecen de eficacia xa que non foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

“O rexistro pode facer labores técnicas de colaboración co Concello para que este resolva sobre as autoliquidacións ou liquidacións pero actuacións como as de comprobación, ditar actos de recadación, recadar en voluntaria, ou redactar actos de notificación, só poden ser ditados pola administración local ou por delegación deste na Deputación de Lugo, na Axencia Estatal de Administración Tributaria ou na Xunta de Galicia e non no Rexistro da Propiedade como reza o convenio”, considera Cabanas.

O RECADADO SUPERA CASE DOCE VECES A PREVISIÓN

O edil do Bloque censura “este tipo de políticas de afán recadatorio non axudan nada a un concello que quere reverter a perda de poboación que sofre tanto no ámbito urbano como no rural e están provocando un efecto contrario“, afirma. 

O concello de Mondoñedo leva recadados no que vai de ano 70.000 euros polo concepto de plusvalía cando as previsións, segundo os orzamentos do ano 2019, eran de 6.000 euros“, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...