Xunqueira reclamará arranxos e a limpeza do río o 7 de decembro coa veciña falecida na memoria

Un ano despois da riada que causou a morte de Amparo Berdeal, a asociación veciñal convoca á Mariña Lucense a unha manifestación

Riada en Xunqueira. AXM

A Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira convoca á veciñanza da Mariña Lucense para que participe da manifestación prevista o sábado, 7 de novembro, ás 12.00 horas do mediodía. A protesta ten como fin reclamar “o arranxo da desfeita da riada do ano pasado e a limpeza do río Fontecova“, segundo precisou o colectivo a través dun comunicado.

O TREITO ALTO DO RÍO, CON OBSTÁCULOS

Nos últimos días, malia as tarefas de limpeza executadas por Augas de Galicia, os veciños sinalaron que é preciso limpar a fondo o treito alto do río, que se atopa con varios obstáculos que, segundo afirma a veciñanza, “poden facer rebordar o caudal de novo”.

O percorrido partirá do Cristo, xunto á ponte medieval, para seguir polo Camiño Real, Rúa dos Pelamios e finalizar fronte á casa de Amparo Berdeal Camba, que faleceu aos 83 anos a consecuencia da riada do 18 de novembro de 2018.

COMUNICADO

A riada deixou unha ferida fonda no barrio, coa morte da veciña e con ducias de casas anegadas. Diante da vivenda da veciña falecida lerase un comunicado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here