IniciosociedadeO CIM de Mondoñedo selecciona 37 libros sobre igualdade que se entregarán...

O CIM de Mondoñedo selecciona 37 libros sobre igualdade que se entregarán aos centros educativos

A selección bibliográfica, con obras dirixidas ao público infantil e xuvenil, tamén estará a disposición daquelas persoas que soliciten o préstamo

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Información ás Mulleres (CIM), dependente do Concello de Mondoñedo, vén de poñer en marcha a actuación ‘O recuncho da igualdade‘, unha selección bibliográfica de libros dirixidos ao público infantil e xuvenil coa prevención do sexismo como temática principal.

Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, como unha das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Actualmente compoñen este recuncho un total de 37 títulos que estarán a disposición de todas as persoas interesadas nas dependencias do CIM.

A EDUCACIÓN, “A BASE”

Ademais, como parte desta iniciativa, foron entregados nos centros educativos do concello o mesmo número de obras, repartidas en función das idades do alumnado, e que veñen a aumentar os fondos bibliográficos que sobre este tema teñen na escola infantil, no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora e IES San Rosendo, complementando así as labores que levan a cabo na promoción da igualdade, toda vez que a educación é a súa base.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...