IniciosociedadeO Rei das Tartas abre en Abadín a primeira área de servizo...

O Rei das Tartas abre en Abadín a primeira área de servizo da A-8 entre Asturias e Baamonde

A estación ofrece abastecemento de combustible, supermercado, un establecemento de hostalería, xogos infantís e un punto de información turística

Publicada o

- Advertisement -

Abadín acolle desde hoxe a primeira gran área de servizo da autovía do Cantábrico (A-8) entre Asturias e Baamonde (Begonte), que impulsará Carlos Folgueira, o empresario de O Rei das Tartas (Mondoñedo).

As instalacións ofrecen abastecemento de combustible, un establecemento de hostalería con produtos típicos da zona e de calidade, unha área de descanso, un supermercado, zona de xogos infantís e un punto de información turística.

Descuberta dunha praca conmemorativa. AXM

INFRAESTRUTURA “NECESARIA”

A Xunta de Galicia, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), achega 130.000 euros a esta iniciativa, segundo precisou o delegado territorial do Goberno autonómico, José Manuel Balseiro. Balseiro salientou que se pon en marcha “un proxecto innovador” que prestará servizo “nun lugar estratéxico” e que “xerará emprego e multiplicará servizos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...