Abadín acolle desde hoxe a primeira gran área de servizo da autovía do Cantábrico (A-8) entre Asturias e Baamonde (Begonte), que impulsará Carlos Folgueira, o empresario de O Rei das Tartas (Mondoñedo).
As instalacións ofrecen abastecemento de combustible, un establecemento de hostalería con produtos típicos da zona e de calidade, unha área de descanso, un supermercado, zona de xogos infantís e un punto de información turística.
![](https://xn--xornaldamaria-tkb.gal/wp-content/uploads/2019/12/69F8CD63-8A9A-4ED8-A4F2-668FDE56432B.jpeg)
INFRAESTRUTURA “NECESARIA”
A Xunta de Galicia, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), achega 130.000 euros a esta iniciativa, segundo precisou o delegado territorial do Goberno autonómico, José Manuel Balseiro. Balseiro salientou que se pon en marcha “un proxecto innovador” que prestará servizo “nun lugar estratéxico” e que “xerará emprego e multiplicará servizos”.