IniciosociedadeAlfredo Fernández Ortiz, do Colexio do Pilar de Foz, premio á superación...

Alfredo Fernández Ortiz, do Colexio do Pilar de Foz, premio á superación persoal na ESO

O mozo, tutelado polo Centro San Aníbal de Burela, foi o terceiro de Galicia en puntuación para un galardón que premia a capacidade para superar barreiras persoais ou sociais no estudo

Publicada o

- Advertisement -

Alfredo Fernández Ortiz, alumno do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz no curso 2018/2019 e tutelado polo Centro San Aníbal de Burela foi un dos 20 alumnos de Galicia ao que se lle adxudicou un dos premios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2018-19. Por este premio recibirá 750 euros.

A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e á dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Os alumnos e alumnas que sexan persoas candidatas ao premio tiveron que merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.

O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social. Alfredo foi o terceiro de Galicia na puntuación total.

ESTUDA PARA AUXILIAR DE ENFERMERÍA

Na actualidade, unha vez rematada a ESO, atópase na Coruña cursando dobre titulación dúal en Coidados Auxiliares de Enfermería e Atención a persoas en situación de dependencia. Continúa vinculado co Centro San Aníbal de Burela e onde acode fins de semana e vacacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...