IniciosociedadeBarreiros pide á Xunta que corrixa unha guía de surf que sitúa...

Barreiros pide á Xunta que corrixa unha guía de surf que sitúa Oliñas “entre Ribadeo e Foz”

O Concello considera "pouco acertado" non mencionar o municipio no que está situado o areal, no canto dun "lugar indeterminado"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, anunciou este martes que remitiu unha carta á directora xeral de turismo da Xunta de Galicia trasladándolle o “disgusto” porque o material editado no proxecto ‘Galicia Surfing’ obvia que unha das praias incluídas no top 16, Oliñas, se atopa no municipio, mencionándoa como “un gran areal entre Ribadeo e Foz”.

A rexedora asegura na súa misiva que “como representante do Concello de Barreiros síntome honrada de ter un espazo no material editado sobre o mencionado programa, nomeadamente, incluíndo a praia de Oliñas como unha das destacadas a efectos da práctica do surf”. ‘Galicia Surfing’, que conta cunha app para teléfonos móbiles, identifica as mellores praias para desfrutar deste deporte e deseña viaxes para coñecer outros atractivos turísticos dos municipios.

Con todo, Ermida amosa o seu malestar co Goberno autonómico “por obviar a ubicación da praia de Oliñas en Barreiros”, indica.

Ermida asegura que o goberno municipal é “consciente de que a situación de Barreiros entre dous polos de atracción turística como son os municipios de Foz e Ribadeo é unha oportunidade”, pero consideran “pouco acertado non ter sequera mencionado o concello que acolle na súa xeografía dito areal”.

NECESIDADE DE PROMOCIÓN

A alcaldesa fai fincapé en que “o feito de ser un concello de menor entidade poboacional que os seus veciños e con un menor impulso turístico neste momento xa dificulta de por si a propia promoción, polo que non podemos desde as institucións deixar pasar as oportunidades de situarnos no mapa dos diferentes recursos turísticos para abrir un oco na recepción de visitantes”.

A comunicación enviada polo executivo municipal remata con unha solicitude expresa á Xunta para que corrixa o material editado no proxecto Galicia Surfing, facendo constar que a praia de Oliñas se atopa en Barreiros e non nun punto indeterminado entre Ribadeo e Foz, e trasladando a consideración de que “a promoción local inserida na promoción colectiva é o mellor xeito de aproveitar os nosos recursos e contribuír ao desenvolvemento económico dos nosos municipios”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...