IniciosociedadeTemporal costeiro con ondas de ata sete metros na Mariña desde esta...

Temporal costeiro con ondas de ata sete metros na Mariña desde esta madrugada

Activarase a alerta laranxa na bisbarra por ondada, con ventos de forza 8

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia vén de activar para este xoves a alerta laranxa por chuvias no interior de Pontevedra e por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta por chuvias afectará á zona interior de Pontevedra a partir do mediodía onde se agardan precipitacións acumuladas de 80 milímetros en doce horas.

Ademais, desde esta madrugada activarase a alerta laranxa na costa galega, comezando pola Coruña e Lugo, para logo estenderse a Pontevedra. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de cinco a seis metros, que poderán acadar temporalmente os sete metros a partir do mediodía nas zonas oeste e noroeste da Coruña e Lugo. Na Mariña lucense irá acompañada de vento do oeste, de forza 8.

RECOMENDACIÓNS

Debido ao temporal costeiro, recoméndase permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso evitar aproximarse a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...