A vixésimo sétima edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará entre o 10 e o 12 de agosto, contará con 150 postos de artesanía ou gastronomía e ofrecerá máis de 70 actividades para grandes e pequenos.
A alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia, presentou o evento, que conta coa colaboración da escola de música ou de asociacións como Amigos do Mercado Medieval, Xoldra ou O Pasatempo. O pregoeiro desta edición, José Ramón Montenegro, representará o esforzo destes colectivos por potenciar o mercado.
josé ramón montenegro será o pregoeiro da vixésimo sétima edición
Entre as actividades que contén o programa destacarán animacións de rúa, música, recreacións histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra.
Unhas 50 persoas, boa parte deles membros da escola de música, estrearán o venres 11 un espectáculo de teatro musical, ‘O amor de Alfonso Reimúndez‘. Será ás 00.00 horas, no atrio do Seminario, con entrada de balde. Colaboran na peza asociacións de Lugo e o grupo Souto Xímaro.
a escola de música estreará o venres un espectáculo de teatro musical
RECLAMO TURÍSTICO
A rexedora lembrou que o Mercado Medieval reuníu na pasada edición a uns 35.000 visitantes, polo que “se erixe como un dos principais reclamos turísticos de Mondoñedo”.