IniciosociedadeMúsica, actividades para nenos e o sorteo de 4.800 euros animan o...

Música, actividades para nenos e o sorteo de 4.800 euros animan o Nadal no casco de Viveiro

A partir do mércores 26 será o reparto das papeletas para o sorteo de tres soldos de 1.200 euros en vales de compra, repartidos ao longo dun ano

Publicada o

- Advertisement -

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) continúa nestes días con varias actividades e sorteos con miles de premios.

Para facilitar as compras no comercio local e que os clientes non teñan necesidade de desprazarse, os negocios abrirán os domingos 22 e 29 de decembro, e o domingo 5 de xaneiro.

Dende o día 20 ata o 24, instálase na Praza Maior a “Casiña de Papá Noel” en colaboración co Concello de Viveiro, onde dende as 17.30 ata as 20.30 da tarde os nenos poderán desfrutar de Papá Noel, sacarse fotos con el e levar caramelos.

O día 20 de decembro a casita de Papá Noel converterase na casiña solidaria, onde a agrupación de comerciantes, en nome de tódolos seus negocios asociados, fará entrega a Cáritas e Dignidad Viveiro de carros de alimentos para as familias máis desfavorecidas.

O luns 23 de Decembro farase o “Nadal na Rúa” da man do Coro Tempus Fugit que encherá de música as rúas do casco. Ao estilo do que se fai en moitos lugares europeos, nos que viven as panxoliñas en plena rúa, a agrupación percorrerá os lugares máis emblemáticos da cidade para ofrecer o seu repertorio de Nadal. Será a partir das 18:30 horas. Os enclaves para as actuacións irán dende a Avenida de Cervantes, á Praza da Fontenova, rúa Pastor Díaz e zona da Praza de Lugo. Cada unha durará uns 20 minutos e está previsto que rematen sobre as 20.00 horas.

ÉPOCA “DAS MÁIS IMPORTANTES” PARA O COMERCIO LOCAL

A partir do mércores 26 será o reparto das papeletas para o sorteo de tres soldos de 1.200 euros en vales de compra, repartidos ao longo dun ano. Coas compras realizadas nos comercios asociados entregaranse as papeletas para entrar no sorteo, de 100 euros ó mes durante un exercicio para cada un dos tres agraciados. O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2020, ás 21.00 horas na Praza Maior de Viveiro, e as papeletas iranse entregando ata ese mesmo día.

O CCHV aspira deste xeito a “dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...