A sexóloga Martina González Veiga orienta ás familias de Xove sobre como falar de sexo coas crianzas

Pais e nais poideron escoitar os consellos da especialista e tamén expor dúbidas

Charla de Martina González Veiga en Xove. AXM

A sexóloga Martina González Veiga ofreceu o pasado martes un relatorio en Xove no que orientou ás familias sobre como falar de sexo coas crianzas.

Pais e nais poideron escoitar os consellos da especialista e tamén realizar consultas e expor dúbidas. Foi un encontro participativo.

Divulgadora científica, González Veiga é fundadora do Centro de Sexoloxía Con Mucho Gusto e desde o 2015 conta coa sección semanal Consellos con Sexo no programa Galicia por Diante da Radio Galega.

O 7 DE XANEIRO, XORNADA PARA MONITORES

Organizada polo Concello de Xove, a actividade realizouse ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Dentro deste mesmo programa, o 7 de xaneiro terá lugar a xornada ‘Lecer en Igualdade‘, coa que o goberno local formará aos monitores de tempo libre.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here