Iniciosociedade(VÍDEO) Un raposo come da man dunha muller na praia de Cubelas,...

(VÍDEO) Un raposo come da man dunha muller na praia de Cubelas, en San Cibrao

O vídeo, gravado nas proximidades do bar Pulgas, amosa como o animal non ten medo das persoas nin da cadela que as acompañaba

Publicada o

- Advertisement -

É un animal dos que chamamos salvaxes, pero tan presente nas nosas vidas que lle damos nomes diversos: raposo, golpe, o García… Pero con frecuencia resulta esquivo.

Por iso un vídeo difundido a través das redes sociais converteuse en viral este mércores, no que se mostra un raposo a comer da man dunha muller nunha noite tranquila na praia de Cubelas, na península de San Cibrao (Cervo).

Ocorreu na contorna do bar Pulgas. Malia unha inicial desconfianza, o animal acaba por mostrarse receptivo ao ofrecemento da muller que lle dá de comer.

O raposo non só non se asustou das persoas que paseaban polo areal, senón que tampouco lle tivo medo á cadela que participaba no paseo nocturno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...