O 25 de decembro TPA (Televisión do Principado de Asturias) e TVG (Televisión de Galicia) celebrarán o Nadal co especial ‘Benvidos-Bienllegaos’, a primeira emisión conxunta realizada polas dúas emisoras autonómicas.
Desde Ribadeo, o presentador galego Arturo Fernández e os asturianos Sonia Fidalgo e Alberto Rodríguez, conducirán unha gala musical que con humor profundará nos puntos en común entre os dous pobos.
Na parte musical o programa centrarase nesta irmandade e viaxará pola zona da ‘raia’ que separa ambas as comunidades, con visitas á aldea asturiana de Abres e á parroquia lucense de Ría de Abres, lugares que aínda que teñen o Eo polo medio case non hai diferenzas.
Rodrigo Cuevas ou Susana Seivane serán algúns dos artistas que participarán na gala. Máis información no Galicia Confidencial.