Un proxecto do IES Monte Castelo, premiado no certame de Impresión 3D da Xunta

O alumnado do centro burelao deseñou e construíu pezas de xadrez utilizando esta tecnoloxía

IES Monte Castelo. GOOGLE MAPS

A Xunta de Galicia vén de conceder a seis centros educativos galegos -entre eles o IES Monte Castelo de Burela– os premios da terceira edición do certame Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D, que ten como obxectivo recoñecer o traballo realizado nos centros cos materiais e a formación recibida nestes ámbitos.

A convocatoria da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional establece dúas categorías, con tres desafíos cada unha delas (Desafío Robots, Desafío Programación ou Desafío Impresión 3D). O premio ascende a 2.000 euros para o equipo docente dos centros gañadores nos diferentes desafíos de cada categoría.

Na primeira categoría, STEM iniciación, para proxectos sinxelos realizados por alumnado de primeiro, segundo e terceiro da ESO, FP Básica ou Programa de Mellora da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR), os centros galardoados son os seguintes:

Desafío Centro premiado Proxecto
Desafío Robots IES Isaac Díaz Pardo (Sada) Moble de reciclaxe
Desafío Programación CPI A Xunqueira (Fene) Os órganos dos sentidos
Desafío Impresión 3D IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña) Planos para tocar

 

Na segunda, STEM afondamento, para proxectos máis complexos de alumnado de cuarto da ESO e primeiro ou segundo de bacharelato, os centros gañadores son os seguintes:

Desafío Centro premiado Proxecto
Desafío Robots IES Primeiro de Marzo (Baiona) mClon robot
Desafío Programación IES Val do Asma (Chantada) Sistema de alarma
Desafío Impresión 3D IES Monte Castelo (Burela) Pezas de xadrez

 

PROXECTO ELABORADO ENTEIRAMENTE POLOS ESTUDANTES

O Desafío Robots consistiu nun proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a darlle solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc; mentres que o Programación tiña que xirar arredor dun proxecto tecnolóxico que dea solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación. Pola súa banda en Desafío Impresión 3D debían presentarse proxectos tecnolóxicos onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta.

Todos os proxectos presentados debían estar elaborados enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería realizou aos centros públicos de ensino non universitario dende o curso 2016/17, tales como equipamento de robótica educativa, placas de Comunicación e Programación e equipo de Impresión 3D.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here