IniciosociedadePi, Kiko e Joge levan a maxia polo Nadal aos pacientes do...

Pi, Kiko e Joge levan a maxia polo Nadal aos pacientes do Hospital da Mariña

Os tres magos da AMAM animaron un ano máis as festas no centro hospitalario mariñao

Publicada o

A Asociación de Magos da Mariña (AMAM) levou a maxia un ano máis ao Hospital da Costa. Tres dos ilusionistas da agrupación (Pi, Kiko e Jorge) pasaron a tarde do pasado venres, 27 de decembro, no centro hospitalario mariñao, onde entretiveron a pequenos e grandes que están en proceso de superar lesións ou enfermidades durante as festas do Nadal.

LEVAR A “ILUSIÓN” A QUEN A PRECISA

“En AMAM sabemos un pouco como funciona iso da ilusión e coma todos os anos temos a necesidade e a obriga de levar esta maxia ata os corazóns aos que polas vías comúns non pode chegar, sabendo dun preciso lugar onde ten máis dificultade para entrar”, resumiu o colectivo nun comunicado de prensa.

CONVALECENTES E FAMILIARES, ENTRETIDOS

Os pacientes do Hospital da Mariña desfrutaron do humor e dos trucos dos tres magos mariñaos nun rato que seguramente lles fixo máis levadeiro o seu período de convalecencia no centro hospitalario. Tamén os familiares e acompañantes e mesmo os traballadores desfrutaron dun pequeno respiro na xornada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...