IniciosociedadeO Punto de Atención á Infancia de Trabada abrirá o 2 de...

O Punto de Atención á Infancia de Trabada abrirá o 2 de xaneiro

O servizo contará con 17 prazas e terá un horario de atención de 8.00 a 16.00 horas de luns a venres

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada celebrou este luns, 30 de decembro, unha xornada de portas abertas do Punto de Atención á Infancia (PAI) trabadense, que abrirá o 2 de xaneiro.

O PAI conta con dezasete prazas e un horario de atención de 08.00 a 16.00 horas de luns a venres, agás festivos, calendario laboral e festivos locais. Non hai discriminación horaria.

O servizo desenvolverase diariamente de luns a venres ambos inclusive, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral, durante oito horas, xa sexa en media xornada (ata catro horas) ou xornada completa (máis de catro horas ata oito horas).

O prezo do servizo varía en función da renda e oscila dende os 17,45 euros ata os 169,26 euros/mes. Tamén se establece que cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto do 50% sobre os prezos anteriores.

CONTRA O DESPOBOAMENTO

O Concello de Trabada espera que o PAI sirva para fixar poboación, dado que os datos no municipio son “preocupantes“, admite o goberno municipal. O executivo local indica que combater o despoboamento e favorecer o asentamento de familias “é un dos piares” do mandato. A escola infantil quere, a partir de colaborar coa conciliación da vida familiar e laboral, acadar estes propósitos.

O goberno trabadense achega unha táboa na que cuantifica os nacementos nos últimos anos:

2019 10
2018 7
2017 6
2016 0
2015 1
2014 3
2013 5
2012 7
2011 6
2010 4
2009 5

 

PROCESO DE TRES ANOS

Segundo indica o executivo local, a apertura do PAI culmina un proceso de tres anos, iniciado co expediente de desafectación do edificio público de educación, que nesas datas estaba en desuso. O investimento total alcanzou os 155.711,44 euros, dos cales a Xunta de Galicia cofinanciou 42.870,22, a Deputación de Lugo 87.378,81, e o Concello 25.462,41.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...