O empresario asturiano Daniel Suárez, un dos emprendedores que máis está a chamar a atención tanto en España como a entidades como Google, ofrecerá o vindeiro 10 de xaneiro, ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a charla-obra de teatro titulada ‘Econología: filosofía de vida “mal” contada‘.
A asociación Pratodo organiza este “encontro de promoción e divulgación sobre emprendemento e aprendizaxe”, no que Suárez, Chief Exploration Officer (CEO) de Zapiens e profesor da Universidad de Oviedo, amosará os seus coñecementos “nun novidoso formato”.
Suárez foi fundador da primeira desaceleradora e incubadora orgánica de España, e impulsor e confundador de máis de 15 empresas, entre elas Bendita Llave, Rural Talent ou OkTicket. As entradas custan cinco euros.