IniciosociedadeO Concello nega que Burela vaia perder subvencións da Xunta por "erros"...

O Concello nega que Burela vaia perder subvencións da Xunta por “erros” nas contas, como afirma o PP

Os conservadores din facerse eco dunha alerta do Consello de Contas, mentres que o executivo municipal asegura que os orzamentos do 2018 cumpren "todos os requisitos"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Burela e o PP polemizaron este venres tras asegurar os conservadores que o municipio “non terá acceso ás subvencións da Xunta de Galicia porque non ten ao día as contas municipais“, o que o executivo nega.

Segundo o PP burelao, “o Consello de Contas de Galicia foi tallante e se non se presentan as contas ou se estas son presentadas con defectos, e estes non se subsanan, o
Concello de Burela non terá acceso ás subvencións da Xunta”.

O grupo municipal conservador sostén que no ano 2018 as contas, que teñen que render tódolos Concellos perante este órgano independente de carácter autonómico, foron enviadas “con defectos” polo goberno socialista, uns supostos erros que “ata onde sabemos no PP, non foron subsanados. No recentemente finalizado 2019, directamente non foron presentadas”, expón o voceiro popular, Manuel Rouco.

Rouco argumenta que o PP burelao esta “farto de ver como (o alcalde, Alfredo Llano) saca peito e vanagloriarse do remanente de máis de tres millóns que ten o Concello en tesourería a día de hoxe”, cando “xa no ano 2015 quedaron máis de 1,5 millóns de euros trala nosa xestión, cando partimos dunha débeda de 1,3 millóns en facturas sen pagar” e dunha cantidade a aboar pola segregación de Cervo “de 400.000 euros”.

A DOCUMENTACIÓN, “EN REGRA”

Llano sostén que a documentación está en regra. Lembra que as contas do 2018 están “aprobadas definitivamente” tras un período de alegacións, e “valoradas moi favorablemente pola intervención, cumprindo todos os requisitos, con superávit e datos positivos respecto ao prazo dos pagos”. Neste sentido, asegura que a documentación foi “enviada” ao Consello de Contas, sen que o executivo municipal recibise notificación de erros tralo envío. “Pode ser que non lles chegase aínda, pero sería estraño”, indica, para subliñar que para presentar os orzamentos de 2019 “hai aínda prazo en 2020”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...