Este martes continúan, cun taller sobre como previr as violencias machistas nas actividades de ocio, as Xornadas para a Igualdade que impulsa o Concello de Xove. o programa rematará con Lecer en Igualdade, un encontro especialmente pensado para monitores de tempo libre, a fin de axudarlles a previr actitudes sexistas no seu traballo.
Pode acudir tamén calquera persoa interesada nesta cuestión. Impatirá o obradoiro Arabías Sociedade Cooperativa Galega, en horario de 17.00 a 20.00 horas, no consistorio xovense.
As prazas para participar no taller, gratuíto, son limitadas. Anotan e informan no 982.57.18.16.
As actividades do programa comezaron o pasado 17 de decembro cunha charla da sexóloga Martina González Veiga, na que a especialista orientou ás familias sobre como falar de sexo coas crianzas.