IniciosociedadePiden precaución na Mariña por ondas de ata sete metros este xoves

Piden precaución na Mariña por ondas de ata sete metros este xoves

Activarase a alerta laranxa por temporal costeiro desde o mediodía ata a madrugada

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir deste xoves.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa comezará cara media mañá na zona noroeste da Coruña, e irase estendendo progresivamente ao resto da costa. Na Mariña Lucense agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata sete metros, ventos de forza 7 -ocasionalmente de forza 8 na Estaca de Bares-, e a advertencia de segundo grao de perigosidade permanecerá activa ata a madrugada.

RECOMENDACIÓNS

Debido ao temporal costeiro, a Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso ademais evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...