IniciosociedadeDezaseis empresas aspiran a redactar o proxecto de mellora da estrada Viveiro-Cabreiros

Dezaseis empresas aspiran a redactar o proxecto de mellora da estrada Viveiro-Cabreiros

A Xunta destaca que se rectificarán curvas e se habilitarán oito carrís de adiantamento, para que entre os puntos quilométricos 5 e 39,500 se poda circular a 80 km/h

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 16 empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto de mellora da capacidade e seguridade viaria da estrada Viveiro-Cabreiros (LU-540), segundo expuxo a Xunta de Galicia a través dun comunicado.

O proxecto, cun orzamento base de algo máis de 243.000 euros, ten como principal obxectivo o acondicionamento do tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 5 e 39,500 para acadar o incremento da seguridade viaria.

Para isto, serán necesarias accións dirixidas á rectificación de curvas, de xeito que todo o trazado se corresponda cunha velocidade de proxecto superior a 80 quilómetros por hora (qm/h). A intervención tamén deberá incluír as actuacións necesarias para a implantación de oito novos tramos de carrís de adiantamento, en treitos con pendente superior ao 3%, así como para mellorar a seguridade fronte ao cruce de animais, especialmente cabalos do monte, que causaron varios accidentes na zona da Gañidoira.

O acondicionamento, dun xeito máis concreto, contemplará a mellora e redeseño de interseccións, o encaixe de carrís lentos, correccións de trazado, ordenación de xiros á esquerda ou a revisión da sinalización horizontal e vertical, entre outras medidas a adoptar.

O Goberno galego resalta que impulsa este proxecto de acondicionamento “para facilitar a mobilidade dos veciños de Viveiro, en condicións máis seguras e cómodas, xa que este treito é a principal alternativa empregada para desprazarse a Ferrol ou Lugo“.

OBRAS NA INTERSECCIÓN COA LU-161

“Cómpre lembrar que a Xunta executou o mes pasado unha actuación de mellora da sinalización e o balizamento na intersección entre a citada estrada LU-540 e a LU-161, á altura de Landrove para reforzar a seguridade”, expoñen desde a Administración autonómica.

Esta mellora da sinalización vertical e horizontal e as medidas de balizamento teñen como obxectivo incrementar a percepción do cruzamento por parte dos condutores nesta contorna.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...