O PP de Viveiro defenderá unha moción no vindeiro pleno para que o Concello se comprometa a adoptar “as medidas necesarias” para facer accesibles para persoas con mobilidade reducida as bancadas do pavillón municipal de deportes.
A concelleira do Partido Popular viveirense Inmaculada Nespereira asina a iniciativa, na que os populares propoñen, por un lado, “que o Concello, por medio dos correspondentes departamentos técnicos, efectúe un estudio para crear un acceso ás bancadas para persoas con mobilidade reducida”.
Por outra banda, unha vez feito ese estudo, os conservadores solicitan ao goberno local viveirense “as medidas precisas para a creación de dito acceso. O PP di que se economicamente no se pode levar a cabo esta obra neste momento, que se inclúa nos presupostos para o actual exercicio económico, aínda sen aprobar”, expón Nespereira.
Argumentan os populares que “é necesario seguir avanzando para conseguir unha sociedade inclusiva que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para todos os cidadáns”.
Os edís populares recordan que o Consejo Superior de Deportes di, con respecto ás instalacións deportivas, que “as bancadas deben ter unha zona accesíbel e apta para espectadores en cadeira de rodas, reservándose unha praza por cada 200 espectadores“.