IniciosociedadeO BNG pide a retirada da Medalla de Ouro de Mondoñedo concedida...

O BNG pide a retirada da Medalla de Ouro de Mondoñedo concedida a Franco no 1949

Os nacionalistas consideran "de hixiene democrática" a anulación do recoñecemento e tamén dos títulos de Concelleiro Honorífico e Presidende de Honra da corporación municipal

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo vén de presentar unha moción de cara ao vindeiro pleno municipal para instar ao equipo de goberno a que inicie os trámites para a retirada da Medalla de Ouro da cidade, concedida en 1949, a Francisco Franco Baamonde.

O voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, apunta que dez anos despois de finalizar a Guerra Civil o 30 de abril ano 1949 a corporación do concello de Mondoñedo aprobou en pleno unhas bases polas se crean as Medallas de Ouro da Cidade para “premiar e recoñecer servizos moi extraordinarios prestados á patria, en xeral, e a Mondoñedo en particular”.

Segundo expón o concelleiro nacionalista, estas bases foron “aprobadas por aclamación de todos os asistentes sen disensión algunha” e polas cales tamén se aproveitou para conceder a primeira Medalla de Ouro da cidade a Francisco Franco Baamonde, “no testemuño de adhesión inquebrantable”, ao tempo que tamén se lle concedeu o título de Concelleiro Honorífico da corporación municipal.

O concelleiro do BNG relata que nove anos despois da concesión da distinción, en sesión plenaria extraordinaria do 21 xaneiro do 1958, aprobouse un Regulamento de Honores e Distincións onde na súa disposición transitoria son ratificados os galardóns concedidos por anteriores corporacións e entre elas a Medalla de Ouro da Cidade, que levaba consigo “a primeira presidencia de Honra da corporación“.

Exemplar de ‘Pueblo Gallego’ que recolle o recoñecemento. AXM

Por último, continúa Cabanas, “en decembro do 1970 aprobouse un proxecto novo de regulamento especial para a concesión de Honores e Distincións que é ratificado en maio do 1972 polo Ministerio da Gobernación no que non se mencionan as distinción concedidas ata esa data, pero segundo indica Eloi Cabanas, “a día de hoxe non temos constancia de que a Medalla de Ouro concedida ao ditador fora anulada”.

DEVOLUCIÓN DA PLACA

“Desde o BNG entendemos que por hixiene democrática e por un compromiso ético coas vítimas da brutal e cruenta represión franquista, a actual corporación no concello de Mondoñedo debe retirarlle a Medalla de Ouro da cidade ao responsable do período máis negro da nosa historia recente”.

Ademais da retirada da Medalla de Ouro, o BNG tamén pide a anulación do título de Concelleiro Honorífico da corporación municipal de Mondoñedo así como tamén a primeira presidencia de Honor da Corporación.

Tras consumarse a retirada do galardón, Eloi Cabanas pide que se comunique a decisión tomada aos seus herdeiros e a Patrimonio Nacional, por se cabe que se produza a devolución física da medalla.

O SÁBADO, HOMENAXE ÁS VÍTIMAS

Este sábado, 11 de xaneiro, 15 mariñaos -de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro- asasinados pola ditadura franquista serán homenaxeados na cidade mindoniense. Podes consultar o programa na ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...