IniciosociedadeA aceleradora da Mariña, da que saíron "máis de 30 empresas" desde...

A aceleradora da Mariña, da que saíron “máis de 30 empresas” desde 2016, volve en febreiro

O 31 de xaneiro remata o prazo para anotarse na quinta edición do coworking, que se presentará o vindeiro día 15

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comarcal Santo Tomé de Mondoñedo acollerá este 15 de xaneiro, ás 19.00 horas, a presentación da quinta edición do Coworking da Mariña lucense, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escala de Organización Industria (EOI) coa colaboración do Concello de Mondoñedo, como socio local. As últimas prazas estarán dispoñibles ata o 31 de xaneiro.

Segundo expuxo o goberno local a través dun comunicado, a presentación participará a subdirectora da Oficina Galicia Emprende do Igape, Fany Suárez Mansilla, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con parte do equipo coordinador do proxecto e participantes nas anteriores edicións. Todos eles contarán as distintas perspectivas e experiencias dentro do programa. A continuación haberá un espazo de café networking que propiciará o intercambio de ideas entre os asistentes.

SECTORES

Este programa, resalta o Concello, “vén formando a emprendedores da Mariña Lucense xa desde 2016, o que amosa a súa boa acollida no territorio. Durante estes anos, os proxectos seleccionados recibiron orientación personalizada para poñer en  marcha os seus plans de negocio optando por ámbitos de actividade tan diversos como a gandería, a agroalimentación sostible, o deseño téxtil, o turismo activo e a transformación e xeración industrial de produtos básicos, todos eles a partir do aproveitamento e valorización dos recursos do territorio; os servizos tecnolóxicos para a oferta de solucións eficientes e sostibles en sectores diferentes; a saúde, o benestar e o desenvolvemento social e cultural“. O coworking mindoniense apoiou desde 2016 un total de 62 plans de emprendemento dos que xa están en marcha máis da metade.

Nesta quinta edición, de febreiro a xuño, os proxectos recibirán a formación necesaria para afondar en distintos aspectos do plan de negocio: obrigas xurídico-fiscais, economía circular, modelo económico, axudas dispoñibles, mercado, clientes ou marketing, utilizando metodoloxías como o Lean Start-up e o Lego Serious Play e cunha orientación totalmente práctica.

TITORÍAS INDIVIDUAIS

Ademais de sesións de networking, o programa inclúe dous tipos de formación. A grupal, que tratará semanalmente unha temática específica, e a individual, coa que se lle asignarán titorías persoais a cada proxecto cun equipo de expertos asesores para desenvolver todos os aspectos do seu plan de negocio e para familiarizarse cunha serie de ferramentas que lles servirán de maneira práctica para calquera labor de xestión empresarial, segundo remarca o Concello de Mondoñedo.

SOLICITUDES

O único requisito para a solicitude de praza é ter unha idea de negocio, independentemente do grao de madurez da mesma. Para calquera información adicional, os interesados poden poñerse en contacto co programa a través de cwmondonedo@eoi.es ou no teléfono 629.08.43.79 ata o próximo día 31 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...