IniciosociedadeUrxencias do Hospital da Mariña, entre os servizos "saturados" pola gripe, segundo...

Urxencias do Hospital da Mariña, entre os servizos “saturados” pola gripe, segundo o Satse

O sindicato de enfermería afirma que cinco centros hospitalarios de Galicia están ao bordo do "colapso" pola "falta de medios humanos e materiais"

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos de Urxencias de centros hospitalarios de once comunidades autónomas (CC AA) teñen problemas de “saturación e colapso“, segundo denunciou este xoves o Sindicato de Enfermería (Satse), que atribúe esta situación á “falta de suficientes recursos humanos e materiais para atender a crecente demanda asistencial motivada pola gripe“. Entre eles, a central cita o Hospital da Mariña.

En Galicia, a organización sindical afirma que varios centros hospitalarios estiveron afectados en días pasados. En concreto, cita os casos do HULA de Lugo; o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS); o Hospital Montecelo; o Hospital da Costa, e o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Así mesmo, o sindicato advirte ás Administracións territoriais de que “o peor está aínda por chegar” e reclama ás CC AA que adopten as medidas necesarias para garantir que “todos os centros sanitarios contan con enfermeiras e enfermeiros suficientes para ofrecer a mellor atención posible a cidadáns e pacientes”. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...