Adxudicada a redacción da revisión do proxecto de 2011 para reparar a traída en Ribadeo e Trabada

Os gobernos locais denunciaran nos últimos anos ante a Xunta varias roturas na tubaxe de fibrocemento que vén desde Vilarbetote

O Eo, ao seu paso por Vilarbetote. PONTENOVA.ES

A Xunta de Galicia anunciou a adxudicación da redacción do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comprometérase no pasado mes de outubro cos gobernos municipais ribadense e trabadense a revisar o proxecto redactado en 2011, e aínda sen licitar.

O Goberno autonómico e os Concellos de Ribadeo e de Trabada acordaron impulsar conxuntamente unha solución ao problema de abastecemento de ambos os dous municipios, co cofinanciamento, tamén, da Deputación Provincial de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

O estudo, que levará a cabo a empresa adxudicataria IDOM, Consulting Engineering Architecture, SAU, analizará a substitución da condución de abastecemento actual, que se atopa nun estado deficiente, por un sistema eficiente e tecnicamente viable.

As redes municipais de abastecemento de auga deste concellos presentan “graves deterioros“, admite Infraestruturas e Mobilidade, polo que este proxecto “arroxará as actuacións necesarias para solucionar estas carencias e poñer á disposición dos veciños un servizo axeitado ás súas necesidades”.

OITO ANOS SEN LICITAR

Os gobernos locais denunciaran os problemas na traída desde Vilarbetote (Trabada), cunha tubaxe de fibrocemento que rachou cinco veces en xullo de 2018 e volveu romper a principios do pasado mes de setembro.

A Xunta elaborara hai oito anos un proxecto global para substituír a tubaxe que suporía un investimento de máis de 5,5 millóns de euros.

Hai seis anos, o Goberno autonómico chegou a facer unha separata para unha primeira fase, onde se construiría un depósito de auga por 1,5 millóns de euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here