IniciosociedadeO vento roza os 112 km/h en Viveiro nunha xornada de alerta...

O vento roza os 112 km/h en Viveiro nunha xornada de alerta amarela

A estación viveirense foi de novo a de Galicia que rexistrou refachos de maior velocidade

Publicada o

- Advertisement -

As choivas acumularon este mércores máis de 132 litros por metro cadrado (l/m2) na localidade de Boiro, mentres que o vento rozou os 112 quilómetros por hora no municipio costeiro de Viveiro.

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 19.00 horas deste mércores, os refachos de vento máis significativos, nunha xornada con aviso amarelo no noroeste da Coruña e A Mariña, corresponderon a Viveiro, con 111,9 quilómetros por hora (km/h); Cedeira, con 107,5 km/h; e Cuntis, con 93,7 km/h.

En zonas de montaña, o vento deixou refachos de intensidade máxima de 91,9 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras e de 74,5 km/h en Manzaneda, en Ourense.

Pola súa banda, as precipitacións, que foron moi cuantiosas ata as 18.00 horas, en que concluía o aviso, acumularon ata 132,6 litros por metro cadrado en Boiro; 107 en Lousame (A Coruña), 99 en Poio; e 95 tanto na localidade pontevedresa de Cuntis como na coruñesa de Rois. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...