Son típicos de países como Islandia ou Estados Unidos, pero tamén poden verse na Mariña Lucense. A sección O Tempo da Televisión de Galicia (TVG) amosou o pasado mércores a espectacularidade do géyser da praia de Ril de Burela, documentado xa noutras ocasións.
O vídeo de Francisco Javier Cuba captou o sifón de auga do areal burelao na súa máxima expresión. Non deixa de ser un fenómeno sorprendente por moito que para a xente de Burela, e tamén para aquela que gusta de camiñar polo paseo marítimo do municipio, sexa “familiar”, tanto que ten nome propio: segundo precisa unha usuaria de Facebook, o géyser de Ril é coñecido popularmente como “O Xiringote“.
Maneira de desinformar…
Non é nin un “geyser”, nin un “sifón”…
É un bufón en granito, dos poucos que hai…
E o de “xiringote” non é popular…
É o mesmo que se che digo eu: “Buforril”
Que mal estades informando…
O Nome de Xiringote,ven recollido no libro apuntes históricos y crónica del siglo XX de D.Ricardo Pena.Nas paxinas 24 e 25 está toda a información.