IniciosociedadeBurela ofrecerá unha degustación dos seus produtos no Día do Mar do...

Burela ofrecerá unha degustación dos seus produtos no Día do Mar do salón gastronómico Xantar

O Concello disporá un autobús para a veciñanza que queira achegarse á feira, o 7 de febreiro en Ourense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou que o municipio estará presente un ano máis na Feira Xantar, o salón gastronómico que se celebra en Ourense do 5 ao 9 de febreiro. O día 7 estará dedicado ao mar e a representación burelá disporá unha degustación dos seus produtos típicos.

O edil de turismo burelao, Ramiro Fernández, anunciou que “para a semana que ven, entre os días 5 e 9, vaise celebrar no recinto feiral de Expo Ourense, a Feira Xantar, referida a poñer en valor os produtos gastronómicos das distintas zonas de Galicia, incluso de Portugal. Alí o Concello de Burela vai ter ou seu stand e tamén imos ser honrados con poder participar o venres, día 7, ás doce e media, no Día do Mar e o alcalde poderá expoñer diante de todo o mundo as excelencias gastronómicas de Burela e destacar os puntos turísticos que temos no noso concello”.

O concelleiro de Turismo sostén que Xantar “é unha feira que nos gusta e que é positiva para Burela e esperamos que teñamos éxito e que poidamos seguir promocionando tanto Burela como os seus produtos gastronómicos. O 7 é o día dedicado ao mar e imos facer unha degustación de produtos típicos de Burela. Imos poñer no noso stand unha serie de produtos para degustar e invitamos tanto á xente de Burela como á que pase pola feira a estar alí e poder probalos”, engade.

HABILITARANSE PASES CON SOLICITUDE

O Concello vai poñer un autobús con 55 prazas para que a veciñanza que o desexe poida desprazarse ata a Cidade das Burgas para asistir a esa cita do 7. As persoas interesadas deberán anotarse no Concello, onde tamén se lles facilitará a entrada de acceso a Xantar. Fernández explicou que “os que queiran ir á feira pola súa conta tamén terán entrada pasando a recollela polo Concello”.

O concelleiro expuxo que “estes días mandaremos un correo a todas as asociacións para aquelas que queiran participar con algún dos seus membros nesta viaxe. O autobús sairá ás oito e media da mañá da estación de autobuses de Burela e regresará a media tarde. O ano pasado tivo moito éxito, o autobús encheuse, á xente gustoulle moito pasar ese día na feira e este ano repetimos a experiencia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...