IniciosociedadeNace 'Viveiro inclúe', co obxectivo dun municipio máis accesible para as persoas...

Nace ‘Viveiro inclúe’, co obxectivo dun municipio máis accesible para as persoas con diversidade funcional

O Concello creará unha mesa cidadá onde a veciñanza poderá facer propostas e un grupo mixto que traballará en iniciativas novas ou na adecuación das existentes

Publicada o

- Advertisement -

As concellerías de Cultura e Benestar Social de Viveiro, que coordinan Lara Fernández e Victoria Baamonde respectivamente, colaboran no lanzamento da marca ‘Viveiro inclúe‘, que aspira a facer do municipio viveirense un lugar máis accesible para as persoas con diversidade funcional.

O proxecto constará de dous piares. ‘Viveiro inclúe’ creará unha plataforma cidadá de participación aberta, a fin de que as persoas que integren a mesa poidan propoñer, desde distintas experiencias vitais e profesionais, accións ou iniciativas para unha mellora da accesibilidade no municipio. Todos aqueles viveirenses que teñan algunha proposta que formular ou algunha dificultade diaria que poñer de manifesto, están convidadas a participar.

INSTALACIÓN DE SEMÁFOROS SONOROS

Será un equipo mixto do Concello o encargado de dar forma ás propostas. Con este obxectivo formarase un grupo multidisciplinar, que traballará en novos proxectos ou adecuará os existentes para que ofrezan esa necesaria accesibilidade. Unha das iniciativas contempladas polo goberno local é, por exemplo, a instalación de semáforos sonoros na Cidade do Landro.

Logo da marca. AXM

A marca ‘Viveiro inclúe’ nace dun evento pioneiro como ‘Superarte‘, a mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional, que no pasado mes de outubro celebrou con éxito a súa segunda edición.

En ‘Superarte’ poidéronse individualizar as seguintes necesidades e obxectivos: concienciar á sociedade sobre as capacidades das persoas con diversidades funcionais; facilitar a súa interacción coa contorna mediante o proceso de mellora da accesibilidade dos espazos, favorecendo tamén a toda a sociedade no acceso aos servizos da comunidade, adaptando espazos.

PRESENTARASE PREVISIBLEMENTE NO PLENO DE MARZO

A intención das concellerías de Cultura e Benestar Social é que a creación da marca vaia ao pleno do mes de marzo.

“A nosa acción de goberno ten desde un primeiro momento entre as súas prioridades que Viveiro sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional, polo que este tipo de proxectos son o resultado dese compromiso”, asegura a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...